CREA! - Día da enfermería

  1. Ao equipo de #AnimadorxsContraOAburrimento chegounos unha petición dun equipo de enfermeiros e enfermeiras para sorprender ao resto de compañeiros e compañeiras. Cóntovos a proposta e de seguro que poderedes botarnos unha man.

    Chamáronnos dun hospital un equipo de enfermeiros e enfermeiras, que xa non tiñan moitos nenos e nenas ingresados (menos mal!), pero eles adoitaban decorar moitos dos espazos do hospital cos seus debuxos.

    Velaí vai a petición, gustaríanos que polo Día da Enfermería (12 de maio) puidésemos enviarlles unha morea de debuxos titulados “para min un enfermeiro ou enfermeira é…” “para min un enfermeiro ou enferemeira ten…” e que imaxines como poderías deixar plasmadas todas esas cualidades que teñen os nosos enfermeiros e enfermeiras, ás que lle agradecemos a súa labor, máis aínda neste momento.

    Pedimos 2 cousas:

    • Un ou máis debuxos, empregando ao máximo a vosa creatividade
    • Que animedes a outros rapaces e rapazas a facelo, porque cantos máis teñamos a máis hospitais chegaremos.

    Podes achegarnos estes debuxos por calquera das canles das nosas redes sociais ou por correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Grazas de antemán!

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow