CREA! - Filloas

Ingredientes:

  • 500 ml de leite
  • 3 ovos
  • 200 gr de fariña
  • 1 cullerada de azucre
  • Unha pizca de sal
  • Un anaco de touciño (sen salgar), manteiga (sen sal) ou aceite

 

Pomos todos os ingredientes na xerra da batidora e mesturamos ben. Gardamos a masa no frigorífico durante uns 30 minutos.

Unha vez que a masa repousou, imos preparar as filloas. En Galicia, hai unhas tixolas especiais de ferro, chamadas filloeiras, nas que se poden facer varias á vez, pero como non a teredes, utilizaremos unha tixola plana, mellor antiadherente.  Untamos a base cun anaco de touciño ibérico (sen salgar), manteiga, margarina ou un papel con aceite, cando estea quente, vertemos un cucharón de masa, movemos a tixola para que se estenda por toda a tixola. Cando os bordos comecen a dourarse e saísen burbulliñas, cos dedos ou cunha espátula, dámoslle a volta, deixamos que se faga polo outro lado e lista para comer.

A primeira filloa, case sempre sae mal, así que non vos preocupedes que cun pouco de xeito van saír todas ben. Conforme vaian cociñándose as filloas póndelas apiladas unha sobre outra nun prato, se as ides a tomar doces podedes porlle azucre por encima, entre unha e outra.

Podedes tomar as filloas con azucre e canela, con azucre glass, con mel, ou enchelas de crema de chocolate, de marmelada, ou xamón e queixo.

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow