Communication Skills and Training

O proxecto titulado Communication Skills and Training da asociación Hang-Kép centrouse fundamentalmente no traballo con elementos audiovisuais tales como fotografías e vídeo. Ao longo do meu ano como voluntaria, realicei a documentación fotográfica de diversos eventos culturais na cidade de Debrecen e dos campamentos e youth exchanges organizados pola mi ña asociación. Ademais de sacar as fotos, realicei a súa edición en Adobe Photoshop e posterior subida á páxina de Facebook de Hang-Kép acompañadas por un texto resumo do evento en inglés.
No último mes da estadía gravei e editei un vídeo promocional sobre un short-term EVS en Hortobágy (parque nacional situado a uns 40 quilómetros de Debrecen) xestionado pola miña organización de recibimento. En decembro, encargueime de cubrir con fotos e texto o evento internaiconal Towards Collaborative Practice (TCP) Hungary 2018 xunto cunha compañeira de Hang-Kép gracias á Axencia Nacional Húngara. Ademais, encargueime de “dirixir” os comezos dun proxecto de vídeos para Youtube nos que se presenta a cidade para os estranxeiros que veñan traballar e/ou estudar e fun a encargada da xestión do material fotográfico e de vídeo cando os responsables da asociación non estaban por diversos motivos.
Conectadas coa miña labor de voluntaria estiveron tamén as charlas que dei sobre Galicia, a súa gastronomía e a súa cultura, xa me que me parece fundamental explicar máis alá das fronteiras o diferentes que poden ser as comunidades autónomas españolas e o que nos fai especiais.
Pararela á realización das actividades que formaban parte do meu proxecto, coordinei xunto con outra voluntaria española o Clube de Conversación de Español no American Corner de Debrecen dende decembro de 2018 ate o final do voluntariado.

LUGAR DE REALIZACIÓN: Debrecen (Hungría)

DATA DE REALIZACIÓN: 01/06/2018 - 31/05/2019

VOLUNTARIA: Paula Quintás

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow