Voluntariado CES

       

 

 

 

 

 

Os Proxectos de Voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade son unha iniciativa da Unión European que posibilita que a mocidade colabore de forma voluntaria en proxectos de mobilidade no seu propio país ou no extranxeiro. Aportan experiencias de educación non formal e de aprendizaxe intercultural, que fomentan a integración e a participación activa dos mozos e mozas na sociedade, ao tempo que contribue ao desenvolvemento dunha comunidade local e fomenta o establecemento de novas asociacións.

A Escola de Tempo Libre Don Bosco ten unha ampla experiencia, dende o ano 2000, participando como entidade de acollida e envío para os Proxectos de Voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade (programa antigamente coñecido como o Servizo Voluntario Europeo).

Contamos con Selo de Calidade para poder xestionar proxectos tanto dende o punto de vista da acollida no noso centro de mozas e mozos procedentes de outros paises europeos, como de apoio ao envío da mocidade galega a outros paises europeos, e a coordinación de proxectos locais.

Síguenos na nosa páxina de Facebook e Instragram de Proxectos de Voluntariado para estar atento a todas as novidades.

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow