O XIII Torneo solidario de fútbol sala – Operación Quilo xa está en marcha, si estás interesado en facer equipo estas son as características:
LUGAR
- Pavillón Municipal de Fontiñas Santiago de Compostela
- Pavillón Municipal de Monte dos Postes Santiago de Compostela
DATAS E HORARIOS
26 , 27 e 28 decembro:
- 1ª fase(senior): 20:30 a 23:30 e, o sábado 28, de 10:00 a 14:00
- 1ª fase(base): 19:00 a 20:30
28 decembro:
- fase final(senior): 15:00 a 22:00
- fase final(base): entre as semifinais e final senior
INSCRICIÓN
- A través do Formulario do Torneo Solidario Fútbol Sala
- No Centro Don Bosco en Belvís 2, Santiago de Compostela
- Categoría Senior completa, só lista de espera
Aportación de 25€ por equipo + 1 kilo de alimentos por xogador. Pódese aportar antes do primeiro partido.
Prazo de inscrición: ata o domingo 22 de decembro de 2019
CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPOS
15 xogadores máximo por equipo
Máximo de 20 equipos na categoría senior e 8 na categoría base
CATEGORÍAS
- Senior: a partires dos 16 anos
- Base:
- benxamín: 8 e 9 anos
- prebemxamin: 6 e 7 anos
PREMIOS
Trofeos 1º Clasificado e 2º Clasificado
Coa participación neste torneo solidario, ademais dos quilos que aportamos para as familias de Santiago, colaboramos cun proxecto de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria, o Proxecto Suriya, que está promovido pola federación de Centros Xuvenís Don Bosco De Galicia e a Confederación de centros xuvenís Don Bosco de España.