Os días 6, 13 e 20 de decembro serán os Torneos Solidarios Online, que estarán englobados dentro do Evento Solidario a favor da Operación Quilo no que haberá competicións dos seguintes xogos:
- Fornite (6 de decembro)
- Valorant (13 de decembro)
- League of Legends (20 de decembro)
Para participar nos torneos de Valorant e League of Legends será necesario pertencer a un equipo ou grupo informal de mínimo de 5 persoas.
Os gañadores serán entrevistados por Kings Dragon (sempre que queiran) e farase un vídeo cos mellores momentos para que quede para o recordo.
O evento será retransmitido pola canle de twitch de Kings Dragon e todo o que se recaude nos directos a través da plataforma tamén irá íntegramente para a Operación Quilo.
Doacións
As inscripcións dos torneos será de 2€ por xogador/a e torneo, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo
Inscrición
Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario de Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da doación