A Operación Quilo é unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene que se fai en toda Galicia, e que está coordinada polos diferentes centros xuvenís salesianos.
Este proxecto organízase a través da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco en Galicia, e está presente nas principais cidades galegas a dende os centros: Abeiro (A Coruña), Abertal (Vigo), Amencer (Ourense), Ateibo (Lugo) e Don Bosco (Santiago de Compostela).
Reflexionemos sobre o obvio, este ano a Operación Quilo é máis relevante ca nunca, xa que as circunstancias fan que estas campañas sexan imprescindibles. Nunha sociedade asfixiada pola pandemia, e cun desemprego de máis de 144.800 de persoas en Galicia no tercer trimestre do ano, e sendo un 1,61% máis que no ano anterior, as cifras deixan claro que a destrucción do emprego está lonxe de rematar. A consecuencia xa está chegando aos bancos de alimentos, que están aumentando as solicitudes por riba das de 2008, en algúns xa reparten nun día o que antes do covid chegaba para un mes.
Os datos deixan de manifesto que este ano todas as aportacións van a ser poucas, xa sexan de tempo, alimentos ou diñeiro, pero sabemos que gracias ao esforzo de todas esas persoas que apoian esta campaña ano a ano, e todas esas que se sumarán neste ano tan complexo, faremos que no nadal se manteña a ilusión e a esperanza dos anos anteriores.
Como os anos anteriores todo o recadado irá para as entidades: Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo, e facilitar así o seu traballo cas persoas que máis o necesitan.
Esta campaña leva existindo en Santiago de Compostela dende o ano 1986, e gracias a ela conseguimos que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para todas esas persoas en risco de exclusión social.
O importante desta campaña son as persoas, pero non só aquelas que necesitan axuda, porque esta operación non sería posible sen todas esos/as voluntarios/as que nos axudan nos diferentes frentes.
Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:
- Sendo Quiloborador. Envía un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Neste enlace podes ver atopar máis información de como ser entidade colaboradora.
- Axudando na recollida. Podes unirte mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
- Doando algún alimento ou producto de hixiene. Aquí tes un mapa con todos os Puntos de recollida dispoñibles onde podes facelo.
- Participando no Evento Solidario a favor da Operación Quilo:
- Inscribíndote nas Partidas Solidarias eSports
- Inscribíndote nos Torneos Solidarios eSports.
- Facendo unha doazón na campaña de crowfunding
Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 981582243 e estaremos encantados/as de falar contigo.
Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!
Únete e colabora!