Guía de axuda pago de taxas

A continuación indicamos o procedemento para pagar as taxas on-line ou para obter o impreso oficial que che permite liquidala nunha oficina bancaria:

Paso Acción Observacións / Imaxes

 1

 

Acceda á seguinte páxina web

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

2

Prema o botón “Iniciar taxa” para acceder:

 Con acceso libre

 Con certificado

3

Volva a premer "Iniciar taxa"

 
4

Complete os campos seguindo a información da seguinte táboa

Campo Datos
Consellería 14-Política Social e Xuventude
Delegación 10-A Coruña
Servizo/Servicio 003-Xuventude
Taxa/Tasa 305204-Expedición títulos acreditativos da formación de monitor e director de tempo libre e campos de traballo

Obxecto/Objeto de pago

Escribir a que corresponde

Título de Monitor/a de tempo libre

Título de Director/a de tempo libre

Título de Director/a de campos de traballo

5

Pulse o botón “Continuar

6

 

Complete a sección “Suxeito/Sujeto pasivo” cos seus datos

 
7

Introduzca o seu email na sección “para retomar unha operación interrompida”

 
8

Pulse o botón “Continuar

9

Escolla unha das dúas opcións para continuar co pago da taxa:

  1. Pago telématico 
  2. Descargar Modelo 731 para pago presencial en entidade bancaria*

* No caso de escoller pago presencial deberá acudir a unha entidade bancaria (entre as colaboradoras) para facer o pagamento e obter o Modelo 731 (copia para a administración) selado polo banco. O resto dos pasos a continuación corresponden co pago telemático.

10  Recibirás un correo electrónico con un número de operación e un código de verificación para poder retomar o proceso nun futuro 
11 Selecciona o método de pago e pulse continuar
12 Prema "Ingresar" para ser redirixido  ao TPV Virtual para finalizar o pagamento
13 Prema "Continuar" para acceder ao Modelo 730 na próxima ventana (neste paso tamén poderá descargar o xustificante de pago, pero non é o documento necesario)
14 Descargar o modelo 730
15

Sube toda a documentación ao formulario de Solicitude de Título

Documentación a presentar:

  1. Memoria das prácticas
  2. Certificado de fin de prácticas firmado polo titor/a das mesmas e co selo da entidade onde se realizaron. Tamén pode estar validado coa firma dixital.
  3. Modelo 730 ou 731 de pago da taxa correspondente.

A escola procederá á tramitación do título, unha vez se reciba a petición de expedición exclusivamente a través do formulario web con toda a documentación precisa adxunta.

A Xunta de Galicia é a responsable da emisión do título. Mentres dura este trámite, a Escola de Tempo Libre poderá expedir, a petición do/a interesado/a, un certificado de ter superado o curso. O certificado se enviará en pdf por correo electrónico. O alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle remita asumindo os gastos de envío.

Cando a Escola reciba o título emitido pola Xunta, enviará un correo electrónico para avisar. O/A alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle envíe asumindo os gastos de envío.
Este mesmo procedemento vale para solicitar o duplicado dun título xa expedido.

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow