Máis Que Apoio Escolar

No Centro Don Bosco realizase o programa  Máis Que Apoio Escolar destinado a escolares de Primaria, ESO e Ensino postobrigatorio. O programa, que funcionará de 16.30 a 20.00, de luns a venres e inclúe:

Sesións de reforzo dos contidos académicos realízanse en aulas con grupos divididos por niveis, con persoal especializado en áreas sociais (psicoloxía, pedagoxía, educación social etc) ou en áreas de interese (matemáticas, física etc).

Un espazo aberto de aprendizaxe, que se adapta ás necesidades do grupo e de forma individual, para que cada participante desenvolva as súas propias estratexias e técnicas de estudo. Ademais , pon a disposición dos participantes material de consulta: libros e acceso a internet e ordenadores para a realización de traballos e busca de información.

Ao longo do curso propóñense tamén diferentes obradoiros sobre temáticas relacionadas: ferramentas e técnicas de estudo, emprego de materias de consulta e recurso didácticos, uso de ferramentas dixitais etc

Temos tamén actividades en lingua estranxeira para toda as idades. Obradoiros en inglés para os máis pequenos e grupos de conversas en inglés para adolescentes e adultos.

Para máis información e para inscribirse, a responsable do programa atenderá persoalmente nas oficininas do centro Don Bosco polas tardes de martes a venres de 16.30 a 20 horas.

A inscripción no programa tamén se pode facer on-line no seguinte enlace: Formulario Inscrición

 

CUOTA MENSUAL

PRIMARIA

ESO

 

30 €

30 €  - 50 € *

*Cuota variable en función da intensidade das sesión de apoio

** A participación no programa Máis que Apoio Escolar da acceso tamén ao Espazo Lúdico Papaventos

 

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow