Xa é posible inscribirse para as actividades de conciliación familiar que se levaran a cabo no centro Don Bosco nas vindeiras vacacións de Entroido.
- Actividades
- Infantís de 4 a 13 anos: xogo, espazo lúdico, obradoiros, deportes, ...
- Xuvenís de 14 a 17 anos: sala moza, obradoiros de danza urbana, ilustración, técnicas circenses, defensa persoal, astronomía, percusión, cine forum, musica, xogos de rol, ...
- Datas
- 24, 25 e 26 de febreiro de 2020
- 24, 25 e 26 de febreiro de 2020
- Horarios:
- Actividades infantís e xuvenís: de 9,00 a 14,00h.
- Madrugadores: de 7,45 a 9,00h.
- Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,30h.
- Cuotas:
CUOTAS |
ACTIVIDADE |
SERVIZOS |
|||
Non Socios |
Socios |
Madrugadores CON almorzo |
Madrugadores SEN almorzo |
Atención ao mediodía |
|
Todo |
28€ |
18€ |
8€ |
5€ |
8€ |
Días Soltos |
10€ |
7€ |
3€ |
2€ |
3€ |
- Desconto por irmáns: 2,5€ aos non socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
Inscrición
- Online: accedendo ao Formulario Inscrición Mañás de Entroido
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Formalizar matrícula
Para formalizar a matrícula e reservar a praza é condición imprescindible realizar o pagamento e a entrega da documentación.
O pago pódese facer en efectivo ou por tarxeta de crédito nas nosas instalacións e por transferencia ou ingreso bancario na conta da ETL Don Bosco no Banco Popular ES56 0075 8916 5206 0031 4739
Documentación
A documentación necesaria será:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a do/a participante.
- Fotocopia do DNI de todas as persoas autorizadas a recoller aos/ás participantes.
- Xustificante de pagamento, no caso de facelo por transferencia bancaria
Para máis información chamar ao teléfono 981582243 ou enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.