Bosco Nadal 2020

INSCRÍBETE

O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional do Nadal actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020 e do 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, actividades musicais, xogos... en grupo e acompañados permanentemente por monitores.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos establecidos con grupos máis reducidos, actividades que favorezan  a distancia física, mascarilla, controis de temperatura, lavado de mans... e todas aquelas medidas que recomenden as autoridades sanitarias.

Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade. As nosas actividades  continuarán  tendo un enfoque lúdico-educativo, porque queremos seguir convivindo e aprendendo a través do xogo, pero sempre con seguridade.

  1. ACTIVIDES DE NADAL
    1. MAÑÁS INFANTÍS - ( 4 a 8 anos)
    2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO - ( 8 a 14 anos)
    3. MAÑÁS XUVENÍS - (14 a 17 anos)
  2. SERVIZOS
  3. INSCRICIÓN
  4. A TER EN CONTA

ACTIVIDADES DE NADAL

Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados  e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.

Cada neno/a terá un  programa de actividade asignado en función da súa idade completamente independente do resto.

 

1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE

  • Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2016 e 2012)

2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2011 e 2006)

3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2005 e 2003)

Datas:

  • Completo: 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020 e do 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021
  • Quenda 1 - NADAL: 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020
  • Quenda 2- ANO NOVO: 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021

Horarios:

  • Actividades: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saídas de 13:30 a 14:00.
  • Madrugadores: de 8:00 a 9:00
  • Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00

Cuotas

 ACTIVIDADES BOSCO NADAL - (4 a 17 anos)

Non Socios

Socios

Actividade completa

75 €

55 €

Quenda 1 – NADAL (decembro – 6 días)

55 €

40 €

Quenda 2 – ANO NOVO (xaneiro - 3 días )

30 €

20 €

  • Desconto por irmáns: 5€ por cada un, 3€ no caso dos socios, no total da actividade. Non aplicable a quendas soltas.


SERVIZOS

Madrugadores:  non serviremos almorzos, pero creamos un espazo de xogo para facilitar a conciliación familiar.

Atención ao mediodía:  No servizo de mediodía os nenos e nenas seguirán atendidos nos espazos de xogos e actividades, pero non poderemos dar o servizo de comedor.

Horarios:

  • Madrugadores de 8:00 a 9:00
  • Atención mediodía de 14:00 a 15:00

Prezos:

SERVIZOS BOSCO NADAL

Madrugadores SEN almorzo

Atención mediodía

Actividade completa

18 €

18€

Quenda 1 (decembro - 6 días)

13 €

13€

Quenda 2 (xaneiro - 3 días )

7 €

7 €


INSCRICIÓN

PREGUNTAR DISPOÑIBILIDADE!

  • Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Bosco Nadal
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
  • Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.

Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:

  • Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor
  • Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta do na conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

 

A TER EN CONTA

Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2020-2021 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)

En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.

Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.

Todos os participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste nadal:

O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantril e xuvenil.

Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.

Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.

 

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow