Bosco Verán 2021

INSCRÍBETE

O Bosco Verán xa está en marcha! Volveremos a ter neste ano 2021 un verán especial no que seguiremos os protocolos establecidos con grupos reducidos, actividades que favorezan a distancia física, máscara, hixiene frecuente de mans e todas aquelas medidas que recomenden as autoridades sanitarias.

E todo iso será compatible con que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer rico e de calidade, cun enfoque lúdico e educativo, porque queremos seguir aprendendo e interiorizando a través do xogo e das actividades os valores da convivencia, do compañeirismo, da ledicia, da cooperación, da igualdade…

Ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle total preferencias aos espazos ao aire libre. As actividades desenvolveranse principalmente nos patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.

  1. HORARIOS DAS ACTIVIDADES E SERVIZOS
  2. XUÑO E XULLO
    1. MAÑÁS INFANTÍS - (4 a 8 anos)
    2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO - (8 a 14 anos)
    3. MAÑÁS XUVENÍS - (14 a 17 anos)
  3. AGOSTO (1ª Qincena)
    1. SAN PEDRINES - (4 a 8 anos)
    2. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL - (8 a 14 anos)
    3. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL - (14 a 17 anos)
  4. FIN DE AGOSTO E SETEMBRO
    1. MAÑÁS INFANTÍS - (4 a 8 anos)
    2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO - (8 a 14 anos)
    3. MAÑÁS XUVENÍS - (14 a 17 anos)
  5. DESCONTOS
  6. INSCRICIÓN
  7. A TER EN CONTA

HORARIOS PARA TODAS AS ACTIVIDADES E SERVIZOS

Actividades de Mañá de 9:00h a 14:10. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:10 (haberá franxas horarias recomendadas).

Servizos:

  • Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (este ano non serviremos almorzos).
  • Atención ao mediodía de 14:10 a 15.15  (non podemos ofrecer o servizo de comedor habitual, pero os nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que non precise ser quentado).

 

 Madrugadores

 Atencióna ao mediodía

 Prezo por Quenda

12€ 

12€ 

XUÑO E XULLO (do 23 de xuño ao 30 de xullo) 

1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE

  • Grupo PEQUENOS:  nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2017 e 2015)
  • Grupo MEDIANOS:  nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2014 e 2013)

2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE

  • Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas  8 a 11 anos (nacidos entre 2012 e 2010)
  • Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas  11 a 14 anos (nacidos entre 2009 e 2007)

3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2006 e 2004)

Calendario:

  • Quenda Q1: 23, 24 e 25 de xuño
  • Quenda Q2: 28, 29, 30 de xuño e 1, 2 de xullo
  • Quenda Q3: 5, 6, 7, 8 e 9 de xullo
  • Quenda Q4: 12, 13, 14, 15 e 16 de xullo
  • Quenda Q5: 19, 20, 21, 22 e 23 xullo
  • Quenda Q6: 26, 27, 28, 29 e 30 de xullo 

Prezos (xuño e xullo)

NON SOCIOS

 

SOCIOS

 Nº de Quendas(*)

 Prezo

 Nº de Quendas(*)

 Prezo

 6

 250€ 

 6

 185€ 

 5

 230€ 

 5

 165€ 

 1 (**)

 55€ 

 1(**)

 40€ 

(*) Existen descontos asociados ao volumen de quendas selecciondas.

(**) Prezo de quenda individual para todas excepto Q1: 35€ non socios – 25€ socios


AGOSTO (1ª Quincena)

1. SAN PEDRINES  INSCRÍBETE

  • Nenos e nenas de 4 a 8 anos (nacidos entre 2017 e 2013) 

2. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL  INSCRÍBETE

  • Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2012 e 2007)  

3. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL  INSCRÍBETE

  • Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2006 e 2004) 

Calendario:

  • Quenda Q7: 2, 3, 4, 5 e 6 de agosto
  • Quenda Q8: 9, 10, 11, 12 e 13 de agosto

Prezos (1ª Quincena agosto): 

San Pedrines

NON SOCIOS

 

SOCIOS

 Nº de Quendas

 Prezo

 Nº de Quendas

 Prezo

 2

 90€ 

 2

 60€ 

 1

 55€ 

 1

 40€ 

 

O Campamento Urbano é unha actividade aberta e de balde. Non inclúe os servizos de madrugadores e mediodía e pode ter algunha xornada de saída con actividades de mañá e tarde. As familias poden colaborar voluntariamente para sufragar os gastos (agradécese calquera donativo).


FIN DE AGOSTO E SETEMBRO (do 23 de agosto ao 8 de setembro)

1. MAÑÁS INFANTÍS  INSCRÍBETE

  • Grupo PEQUENOS:  nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2017 e 2015) 
  • Grupo MEDIANOS:  nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2014 e 2013)

2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO  INSCRÍBETE

  • Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas  8 a 11 anos (nacidos entre 2012 e 2010)
  • Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas  11 a 14 anos (nacidos entre 2009 e 2007)

3. MAÑÁS XUVENÍS  INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2006 e 2004)

Calendario:

  • Quenda Q9: 23, 24, 25, 26 e 27 de agosto
  • Quenda Q10: 30 e 31 de agosto, 1, 2, 3, 6 e 8 de setembro

Prezos (fin de agosto e setembro):

 NON SOCIOS

 

SOCIOS

 Quenda

 Prezo

 

 Quenda

 Prezo

 Q9

 55€ 

 

 

 Q9

40€ 

 Q10

 65€ 

 Q10

 45€ 

 Q9 e Q10

 110€ 

 Q9 e Q10

 75€ 


DESCONTOS

Existen descontos por maior número de quendas seleccionadas (indicados nas táboas de prezos)

Aplícanse descontos por irmáns á totalidade de cada bloque de actividade (xuño e xullo / 1ª quincena de agosto / fin de agosto e setembro), excluíndo quendas soltas, de 5€ para non socios e de 3€ para socios.

INSCRICIÓN

  • Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
  • Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.

Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:

  • Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor
  • Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 21 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.

Ningún neno/a sen actividades

Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario.

Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro.

A TER EN CONTA

Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2020-2021 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)

En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Neste verán non teremos un posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.

Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.

Todos/as os/as participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

Recordade que a zona de Concheiros está actualmente en obras, polo que para acceder ao centro é importante ter en conta o cambio de circulación.

Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste verán:

O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantil e xuvenil.

Haberá diferentes zonas de acceso e horarios recomendados por grupos de idades para favorecer que as entradas e saídas se produzan de xeito escalonado.

Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.

Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.

Na semana previa ao inicio das actividades farase unha reunión previa para as familias que o desexen na que se informará con máis detalle sobre as medidas e normas adoptadas para reforzar a seguridade nas actividades deste verán. A xuntanza se convocará por correo electrónico e a participación será en modo online.

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow