Bosco Verán 2020 (finais de agosto e setembro)

INSCRÍBETE

Atendendo á demanda das familias para a participación das mozas e mozas na parte final do verán 2020 lanzamos unha nova opción de actividades comezando na última semana do mes de agosto ata o comezo do curso escolar.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos establecidos con grupos máis reducidos , actividades que favorezan  a distancia física, mascarilla cando sexa preciso, controis de temperatura, lavado de mans... e todas aquelas medidas que recomenden as autoridades sanitarias.

Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade. As nosas actividades  continuarán  tendo un enfoque lúdico-educativo, porque queremos seguir convivindo e aprendendo a través do xogo, pero sempre con seguridade, e este verán máis ca nunca.

  1. AGOSTO E SETEMBRO 
    1. MAÑÁS INFANTÍS - ( 4 a 8 anos)
    2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO - ( 8 a 14 anos)
    3. MAÑÁS XUVENÍS - (14 a 17 anos)
  2. SERVIZOS
  3. INSCRICIÓN
  4. A TER EN CONTA

AGOSTO E SETEMBRO

Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados  e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nos patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.

Cada neno/a terá un  programa de actividade asignado en función da súa idade completamente independente do resto.

1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE

  • Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2016 e 2012)

2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2011 e 2006)

3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE

Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2005 e 2003)

Calendario:

  • 9ª Quenda: 24, 25, 26, 27 e 28 de agosto
  • 10ª Quenda: 31 de agosto, 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro

* As actividades realizaranse en función da demanda

Horarios:

  • Actividades de Mañá de 9:00h a 14:00. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:00 nas que se indicarán franxas horarias recomendadas.

Prezos

   Quenda  Prezo
 NON SOCIOS  Q9  53€
 Q10  65€
 Q9 e Q10  110€
 SOCIOS  Q9  35€
 Q10  45€
 Q9 e Q10  75€

SERVIZOS

Madrugadores:  Este ano non serviremos almorzos, pero creamos un espazo de xogo para facilitar a conciliación familiar.

Atención ao mediodía:  No servizo de mediodía os nenos e nenas seguirán atendidos nos espazos de xogos e actividades, pero non poderemos dar o servizo de comedor.

Horarios:

  • Madrugadores de 8:00 a 9:00
  • Atención mediodía de 14:00 a 15:00

Prezos:

   Madrugadores  Atencióna ao mediodía
 Q9  10€  10€
 Q10  15€  15€


DESCONTOS

Existen descontos por maior número de quendas seleccionadas (indicados nas táboas de prezos)

Aplícanse descontos por irmáns á totalidade de cada bloque de actividade, excluíndo quendas soltas, de 5€ para non socios e de 3€ para socios.

INSCRICIÓN

  • Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, a partir do 9 de xuño en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
  • Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.

Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación (Só para novas inscricións):

  • Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor
  • Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 22 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.

Ningún neno/a sen actividades

Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario.

Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro.

A TER EN CONTA

Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2019-2020 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)

En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Neste verán non teremos un posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.

Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.

Todos os participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste verán:

O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantril e xuvenil, O modelo de declaración estará dispoñible na web proximamente e se enviará por correo electrónico aos participantes.

Haberá diferentes zonas de acceso e horarios recomendados por grupos de idades para favorecer que as entradas e saídas se produzan de xeito escalonado.

Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.

Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.

Na semana previa ao inicio das actividades se fará unha reunión previa para  as familias que o desexen na que se informará con máis detalle sobre as medidas e normas adoptadas para reforzar a seguridade nas actividades deste verán. A xuntanza se convocará por correo electrónico e a participación será en modo online.

 

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider