A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre para os vindeiros meses de setembro e outubro de forma intensiva
Requisitos
- Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
- Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria
Datas da parte teórica:
- Setembro: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 26 e 27
- Outubro: 3 e 4
O curso desenvolverase de forma dual: con parte presencial e parte online
Horarios:
- As sesións presenciais serán preferiblemente polas tardes en horario de 16:00 a 21:00 e existe a posibilidade de que algunha sesión presencial se imparta todo o día de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
- As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
- Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00
- Traballos e tarefas na aula virtual
Equipo necesario para as sesións online:
Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.
Matrícula:
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
- Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
- Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.
No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.
Forma de pago
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Total prazas:
- 25 alumnos
Prezo:
- 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.
Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro.