Espazo Lúdico Papaventos

O Programa Espazo Lúdico Papaventos, é un proxecto que se encadra dentro do ámbito da educación non formal, para, apoiándose na pedagoxía salesiana, educar en valores (solidaridade, compañerismo, igualdade…) a través do xogo e das actividades propias do tempo libre educativo.

Realizamos una oferta diaria, de luns a venres en horario de 16:30 a 20:00, para rapaces e rapazas a partir de catro anos que precisen una proposta extraescolar educativa ou un espazo de conciliación familiar.

A coordinación de todo o programa lévase a cabo con persoal cualificado en educación ou ámbitos sociais (Psicoloxía, Pedagoxía etc,) así como persoal especializado en Educación no Tempo Libre.

Para máis información e para inscribirse, a responsable do programa atenderá persoalmente nas oficinas do centro Don Bosco polas tardes de martes a venres de 16.30 a 20.00 horas

A inscripción no programa tamén se poderá realizar on-line na seguinte ligazón: Formulario Inscrición

Cuota Mensual:  30€ (Se o participante xa está inscrito en Máis Que Apoio Escolar a cuota do Espazo Lúdico Papaventos xa estaría incluido)

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow