Stredisko volného casu Décko

O proxecto tivo lugar en Náchod, unha pequena cidade situada no noreste da R. Checa, xusto na fronteira con Polonia. Unha vez alí, o traballo non consistiu unicamente no traballo no centro xuvenil , Décko, senón que realicei certas actividades tamén para o conxunto social da poboación, colaborando varias veces co concello: traballei coma axudante de dúas profesoras de castelá en dous institutos da cidade, así coma a preparación de algúns eventos con eles e elas; tamén colaborei ca escola Montessori da cidade, con nenos e nenas pequenos, preparando e desenrolando actividades para o ensino do inglés, aunque tamén actividades ao aire libre, por exemplo no bosque de Náchod.

Xa dentro das propias actividades do centro, participei no adestramento dun equipo de floorball, un dos deportes máis populares de R. Checa; colaborei na preparación e desenrolo de actividades entre nenos, nenas e animais que residían no centro, tratando de ensinar o coidado destes dende o respeto; traballei tamén no espazo dedicado aos bebés que viñan cos pais e nais ao centro; e por último, durante o ano tamén preparei as miñas propias clases de castelá, impartidas, nun dos casos, aos propios voluntarios do EVS, por exemplo. Esporádicamente tamén realizamos certos eventos para o conxunto da cidadanía, en ocasións especiais coma Navidades ou Carnaval, e tamén no periodo de verán, traballando en campamentos.

LUGAR DE REALIZACIÓN:  Náchod, República Checa

DATA DE REALIZACIÓN: 01/09/2017 a 31/08/2018

VOLUNTARIO: Senén Peleteiro

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow