Evento Solidario a favor da Operación Quilo

INSCRÍBETE

O Centro Don Bosco conta coa colaboración do equipo de esports Kings Dragon para apoiar na Operación Quilo 2020, campaña de recollida de alimentos e productos de hixiene, que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco realiza en Galicia a través dos centros asociados. Por iso realizaremos un evento dixital en decembro para fomentar a difusión da campaña de recollida e doazóns, mediante puntos físicos ou online.
O evento constará de dous momentos:

  • Partidas Solidarias esports o 5 de decembro. Os xogos serán o Fornite, League of Legends, Valorant e Among Us.
  • Torneos Solidarios esports: Os días 6, 13 e 20 de decembro, no que haberá competicións dos seguintes xogos: Fornite (6 de decembro), Valorant (13 de decembro) e League of Legends (20 de decembro) 

O evento será retransmitido pola canle de twich de Kings Dragon e todo o que se recade nos directos a través desa plataforma tamén irá destinado integramente a esta campaña solidaria.


Partidas Solidarias esports:

5 de decembro

  • 17:00 – Fornite
  • 18:00 – League of Legends
  • 19:00 – Valorant
  • 20:00 – Among Us

A doación para as partidas solidarias será de 2€ por xogo ou 5€ toda a xornada

 

Torneos Solidarios esports:

  • Fornite: 6 de decembro
  • Valorant: 13 de decembro
  • League of Legends: 20 de decembro

A doación para cada Torneo será de 2€ por persoa

 

Inscrición

Tanto para as Partidas como para os Torneos Solidarios podes inscribirte no Formulario Inscrición Eventos Solidarios eSports Operación Quilo

Doacións

Para realizar as doacións farase a través da plataforma de crowfunding que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo.

Guía Inscrición e doacións ao evento solidario Operación Quilo

 

  

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider