Un ano máis dende o Centro Don Bosco realizamos o Campamento Urbano nas primeiras semanas de agosto. O fío conductor do campamento este ano será a historia da viaxe e establecemento de Bretenaldo Franco en Compostela. Este persoaxe foi un viaxeiro de máis aló dos pirineos, que no século X realizou a súa peregrinación á primitiva cidade. É a persoa maís antiga que as fontes conservadas recollen, coma peregrino e coma habitante de Compostela, entre as décadas do 920-30. Dise que se fixo cunha vivenda e con terras para o traballo despois da súa peregrinación.
1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL: para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2006 e 2011) INSCRÍBETE
2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL: para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2003 e 2005) INSCRÍBETE
A continuación indicamos os horarios das actividades:
Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Explicación da temática nos pequenos grupos
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade
Calendario:
A temática do campamento versará no diario de viaxe de Bretenaldo
- Día 3 (luns): Preparación para o camiño
- Día 4 (martes): saída cara Roncesvales co cabalo
- Día 5 (mércores): venda do cabalo, chegada a Pamplona e importancia da solidariedade da xente
- Día 6 (xoves): fai unha ofrenda na Ponte da Reina e quédanlle poucas provisións
- Día 7 (venres): está moi canso, para a descansar e asáltano
- Xogos de Auga para todos os grupos
- Día 10 (luns): viaxa en carro ata Sahagún con Leandra mentres se recupera
- O grupo xuvenil(nacidos entre 2003 e 2005) visitará as piscinas do Sar
- O grupo de maiores 1(nacidos entre 2009 e 20011) visitará o Monky Park
- Día 11 (martes): retoma o camiño, ve a catedral de León e chega a Astorga
- O grupo xuvenil(nacidos entre 2003 e 2005) visitará o Monky Park
- O grupo de maiores 2(nacidos entre 2006 e 2008) visitará as piscinas do Sar
- Día 12 (mércores): cúranlle as feridas dos pés e axuda a vender zapatos no Cebreiro
- O grupo de maiores 2(nacidos entre 2006 e 2008) visitará o Monky Park
- Día 13 (xoves): chega ata Portomarín e coñece a través dun cura as propiedades dos castiñeiros
- O grupo de maiores 1(nacidos entre 2009 e 20011) visitará as piscinas do Sar (NOVA DATA)
- Día 14 (venres): evento final
Prezo:
É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).
Inscrición
Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición
* Este ano non haberá actividades polas tardes