A nena que daba pasos

"Habia unha vez unha nena con dous ollos moi despertos, duas mans cheas de ilusions e moitos pasos na sua memoria"

Así comeza a nosa Campaña de Sensibilización levada a cabo por un equipo de voluntariado, onde cada ano habilitamos o noso Centro Xuvenil para crear un espazo de concienciación sobre diferentes temáticas. Este ano queremos facer fincapé nas persoas refuxiadas, por iso a nosa campaña xirará en actividades, xogos e dinámicas cun intento de facer conscientes aos nenos e nenas dunha realidade ben distinta e moitas veces moi descoñecida.

Realizaremos as distintas sesións dende o 11 de febreiro ata o 12 de abril, para grupos de nenos/as dende o último curso de infantil, ata 4º da ESO, con programacións adecuadas ás distintas idades.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider