Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2018

Detalles

Durante as fins de semana, e comezando en febreiro e rematando en maio de 2018(con algún fin de semana de descanso), a Escola de Tempo Libre Don Bosco realizará un Curso de Monitor/a de Tempo Libre.

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • Febreiro: 3, 4, 17, 18, 24 e 25
  • Marzo: 3, 4, 17, 18, 24 e 25
  • Abril: 7, 8, 14, 15, 28 e 29
  • Maio: 5 e 6

Horarios:

  • De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Matrícula:

Para realizar a inscrición hai dúas opcións:

  1. Cubrindo o formulario online
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€ . Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)