Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco é unha entidades sen ánimo de lucro e a súa finalidade é tanto a formación de diferentes axentes como a intervención nos eidos do tempo libre e da animación sociocultural, respondendo ás necesidades do noso país. Como tal está inscrita no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade segundo a Orde de recoñecemento do 1 de xuño de 1986.
Para tal fin organízase en tres grandes áreas.

  1.  Área formativa

A área formativa abrangue as seguintes actividades:

  • Cursos de monitores, especialistas e directores de actividades de tempo libre, títulos recoñecidos oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dependente da Vicepresidencia da Igualdade do Benestar.
  • Cursos monográficos de reciclaxe e especialización dos diversos axentes que traballan na nosa comunidade no eido do tempo libre.
  • Foros e xornadas de encontro e intercambio de ideas entre axentes dedicados á educación no lecer.
  • Diversas actividades e cursos de promoción do asociacionismo e participación social da mocidade, como xornadas, coloquios, campañas...
  • Elaboración e edición de recursos educativos para o tempo libre.
  • Formación continua para docentes da Escola e apoio económico para a participación noutras ofertas no eido do tempo libre.

En cada curso escolar pasan polas diferentes actividades formativas da Escola unha media de 250 alumnos e alumnas de toda Galicia.
2.    Área de información e asesoramento

  • A punto, oficina de información e asesoramento as voluntariado.
  • Servizo local de información de proxectos do programa europeo Xuventude en Santiago de Compostela.
  • Biblioteca de tempo libre, animación sociocultural e intervención social.

3.    Área de intervención educativa no Tempo Libre

Ademais destas actividades formativas a Escola de Tempo Libre Don Bosco colabora na organización de actividades. A Escola oferta actividades de educación no tempo libre e de animación en colaboración(convenios) con administracións e outras entidades diversas.

Campaña de sensibilización

No Centro Xuvenil Don Bosco, estivemos a desenvolver unha campaña de sensibilización, enmarcada no proxecto de Iniciativa Xove "Pais, Interculturalidade e Mocidade". Acudiron participantes dos colexios Vilas-Alborada, San Francisco e San Jorge dende o 14 de xaneiro ata abril de 2015. Ao longo das sesións, e a través de diferentes dinámicas, reflexionamos con todas e todos sobre os temas da empatía e da inclusión.

Ler máis...

Proxecto de intervención educativa no tempo libre Tardes en Papaventos

A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco" prepara o convenio co Concello de Santiago para o Programa anual PROXECTO DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA NO TEMPO LIBRE TARDES EN PAPAVENTOS.

Ler máis...