Plan de adecuación das actividades pola Covid-19 (curso 20-21)

A continuación indicamos ao completo o plan de adecuación das actividades do curso 20-21 que o Centro Don Bosco porá en funcionamento por motivo da Covid-19. 

DESCARGA O PLAN DE ADECUACIÓN EN PDF

DESCARGA A DECLARACIÓN RESPONSABLE EN PDF 

 

  1. Medidas específicas para o desenvolvemento do programa deste verán
    1. O control e prevención da transmisión como responsabilidade de todos
    2. Cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias
    3. Protección dos colectivos de risco
    4. Inscrición no programa
    5. Adecuación e reorganización de actividades presenciais
    6. Entrega e recollida de participantes
    7. Medidas de control de acceso para participantes e persoal
    8. Medidas de prevención da transmisión
  2. Protocolo de actuación en caso de emerxencia ou risco de contaxio
    1. Participante con síntomas
    2. Actuación fronte a un caso confirmado de Covid-19 na actividade
    3. Reincorporación á actividade
  3. Condicións de participación, declaración responsable, obriga de información e consentimento informado
    1. Declaración responsable de non formar parte de grupos de risco nin convivir con grupo de risco
    2. Compromiso de notificación diaria do estado de saúde e de causa de ausencia
    3. Sinatura do documento de aceptación das condicións de participación, coa aceptación das medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias e consentimento informado
  4. Actividades formativas e informativas

Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas participantes e persoal responsable das actividades no contexto da crise sanitaria provocado pola Covid-19, o Centro Don Bosco establece un protocolo de actuación con medidas específicas para o desenvolvemento das súas actividades. Estas medidas poderán variar en función da evolución epidemiolóxica no noso territorio e das instrucións das autoridades competentes.

  1. O control e prevención da transmisión como responsabilidade de todos
  • As persoas participantes e os seus titores legais son responsables da súa situación particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algunha presentase sintomatoloxía asociada coa Covid-19 non acudirá ás actividades e deberá comunicar esta circunstancia ao Centro Don Bosco chamando ao 981582243 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • As persoas responsables das actividades (director, persoal técnico e monitores/as) velarán polo adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas establecidos para garantir a seguridade das actividades.
  • A organización subministrará xabón e xel hidroalcólico. Os rapaces e rapazas maiores de 6 anos deberán levar a súa propia máscara e recoméndase que os menores de 6 anos tamén a leven.
  • Reforzaranse as mensaxes de recordo dos comportamentos e distancia de seguridade, medidas de hixiene, etc.
  • Limitaranse os aforos en espazos pechados para garantir os principios de distancia de seguridade e prevención de contacto.

 

  1. Cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias
  • As medidas persoais de hixiene e prevención serán obrigatorias. Aqueles participantes ou as súas familias que incumpran as normas establecidas relativas as medidas de protección ante a Covid-19 poderán ser excluídos das actividades.

 

  1. Protección dos colectivos de risco
  • A posibilidade de participación de persoas que pertenzan a grupos de risco ou que convivan con grupos de risco (diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40) deberá ser valorada pormenorizadamente polas familias e titores correspondentes. No caso de participar, esta circunstancia deberá constar expresamente na declaración responsable e no consentimento informado que se asinan antes de iniciar as actividades.

 

  1. Inscrición no programa
  • A inscrición e demais trámites administrativos desenvolverase preferentemente de forma dixital. As xestións presenciais serán dentro dos horarios establecidos e respectando a normas de seguridade: uso obrigatorio de máscara, distancia física,  hixenización de mans…

 

  1. Adecuación e reorganización de actividades presenciais
  • Priorizaranse, sempre que sexa posible, as actividades ao aire libre. De non ser posible, cada grupo contará cunha sala ou instalación propia.
  • Os espazos pechados que se utilicen serán amplos e estarán ben ventilados.
  • Procurarase que cada grupo teña o menor número de nenos e nenas posible, polo que a división dos grupos será estrita e tendo en conta a data de nacemento dos rapaces e rapazas inscritos. Poderá darse o caso de que rapaces e rapazas pertencentes a un mesmo curso escolar estean en grupos diferentes e non poderán facerse cambios.
  • Cada grupo contará cun monitor ou monitora responsable que velará polo respecto das medidas de distanciamento físico na medida do posible e evite aglomeracións. Controlará comportamentos e equipos sanitarios.
  • Evitarase a realización de actividades que impliquen contacto físico constante.
  • O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal, a partir dos 6 anos, sendo recomendable tamén para os menores desta idade.
  • Cada participante deberá levar a súa merenda e auga. Estará prohibido compartila. No momento da merenda os participantes e o equipo de traballo situaranse con distancia de seguridade de dous metros.

 

  1. Entrega e recollida de participantes
  • Cada neno ou nena acudirá ás instalacións do Centro Don Bosco acompañado por unha única persoa adulta que deberá levar máscara, tanto na hora da entrada como na de recollida.
  • Os desprazamentos ata o lugar de celebración axustaranse ás recomendacións das autoridades sanitarias.

 

  1. Medidas de control de acceso para participantes e persoal:
  • Un participante ou persoa técnica responsable das actividades non deberá acudir á actividade se presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade para respirar, etc.) que puidera estar asociada coa Covid-19.
  • O participante ou técnico non pode tomar parte na actividade se estivo en contacto estreito (convivintes, familiares e persoas que estivesen no mesmo lugar que un caso positivo mentres o caso presentaba síntomas a unha distancia menor de dous metros durante un tempo de polo menos 15 minutos) ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada pola Covid-19, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días.
  • Os pais/nais/titores legais deberán medir a temperatura dos participantes antes de saír da casa.
  • Os membros do equipo de educadores deberán medir a temperatura antes de saír da casa.
  • As persoas participantes poden, baixo a responsabilidade do seu pai/nai/titor/a legal, tomar parte na actividade se son vulnerables ou conviven cunha persoa que o sexa por: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40.

 

  1. Medidas de prevención da transmisión:
  • Os pais/nais/titores legais dos participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxía asociada non acudirá e comunicará esa circunstancia ao Centro Don Bosco: 981582243 – actividades@cxdonbosco.
  • A organización ensinará, fomentará e reforzará prácticas hixiénicas saudables entre o equipo de traballo e os diferentes participantes.
  • A organización difundirá previamente material informativo para o persoal e familias participantes.
  • Os protocolos establecidos e informados nestas bases serán de obrigado cumprimento para o equipo de responsables das actividades e para as familias participantes (nenos e nenas, pais, nais ou titores legais).
  • Intensificaranse as tarefas de limpeza e desinfección coas recomendacións das autoridades competentes nas diferentes guías que están publicadas, así como a seguridade e hixiene no traballo.
  • Colocaranse carteis coas medidas de hixiene e prevención nas instalacións para o coñecemento xeral, ubicándose en zonas clave de accesos, baños, etc.
  • As persoas participantes e a persoa responsable das actividades estarán distribuídas en grupos reducidos. A ratio será a establecida polas autoridades sanitarias para cada tipo de actividade na situación actual.
  • Os monitores e monitoras só terán contacto cos seus grupos asignados previamente ao inicio de cada actividade.

 

Condicións persoais de hixiene e prevención obrigatorias

  • Debes medir a temperatura todos os días antes de saír da casa.
  • Se presentas calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) que puidese estar asociada coa COVID-19 non debes acudir á actividade e contactar co teléfono 900 400 116 da Xunta de Galicia ou co teu centro de atención primaria.
  • Se estiveches en contacto estreito ou compartiches espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada, tampouco debes acudir ao teu posto de traballo ou á actividade, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días.
  • Se pertences ao colectivo de persoas vulnerables (descrito en puntos anteriores das bases) deberás poñelo en coñecemento do Centro Don Bosco no Consentimento informado.

 

  1. Medidas organizativas na actividade, de prevención e hixiene para toda as persoas participantes:
  • A organización levará a cabo a planificación tanto das actividades coma dos procedementos de traballo tentando manter na medida das posibilidades a distancia de seguridade, facendo especial incidencia na entrada e saída dos nenos e nenas participantes.
  • Nas zonas comúns deberase asegurar a distancia interpersoal e evitar aglomeracións de persoal nestes puntos.
  • A planificación da actividade guiarase polo principio da minimización do risco.
  • Os nenos e nenas participantes a partir de seis anos deberán traer máscara cada día á actividade e usala de forma obrigatoria, e será recomendable para os menores desta idade.
  • A organización realizará unha distribución dos nenos e nenas participantes en grupos reducidos, sempre en base a normativa vixente. O monitor/a será o responsable de velar polo cumprimento das medidas adoptadas.
  • As actividades desenvolveranse prioritariamente en espazos ao aire libre. Cando se teñan que utilizar espazos pechados, priorizaranse aqueles que teñan unha ventilación suficiente.
  • Evitarase o uso de material compartido entre grupos.
  • As instalacións estarán limpas e acondicionadas cada día ao inicio da actividade.
  • A organización proverá aos participantes de produtos de hixiene necesarios (auga, xabón, solución hidroalcólica, panos desbotables).
  • Os nenos e nenas deberán traer a súa botella de auga cada día de xeito individual.
  • Os nenos e nenas non poderán compartir a comida da merenda que traian.
  • O coordinador ou coordinadora de cada actividade e o equipo de traballo farán unha labor de concienciación a través de obradoiros formativos en relación a diferentes cuestións de hixiene e prevención cos nenos e nenas:
    • Lavado frecuente de mans.
    • Forma de tusir ou esbirrar.
    • Evitar tocar a cara coas mans.
    • Uso de panos desbotables.
    • Uso do material.
  • Estableceranse protocolos para o lavado frecuente de mans.

 

Protocolo de actuación en caso de emerxencia ou risco de contaxio

ACTUACIÓN FRONTE A UN POSIBLE CASO DE COVID-19 NA ACTIVIDADE:

  1. Participante con síntomas:
  • A identificación dun posible caso sospeitoso da Covid-19 poderá realizarse de dúas maneiras:
    • Identificación por observación por parte dalgún membro do equipo de responsables das actividades.
    • Notificación por parte dunha familia.
  • Se se observan síntomas nalgunha persoa participante, o director da actividade informará á familia ou titores legais.
  • A persoa con sintomatoloxía illarase do resto do grupo e colocaráselle unha máscara.
  • A organización e a familia contactarán cos teléfonos habilitados (900 400 116) ou co centro de atención primaria para seguir os protocolos establecidos ao respecto.

 

  1. Actuación fronte a un caso confirmado de Covid-19 na actividade:

A entidade organizadora, en caso de confirmarse un caso, seguirá as instrucións das autoridades sanitarias en relación ao resto de participantes que tiveron contacto coa persoa afectada e seguiranse os seguintes pasos:

  • Confidencialidade da persoa.
  • Realizar unha trazabilidade dos contactos nos últimos días.
  • Paralización do grupo no que se atopaba o caso confirmado e notificación ás familias e ao resto de participantes.
  • Limpeza e desinfección das instalacións utilizadas polo grupo para que se poidan volver utilizar con garantía.

A entidade organizadora facilitará o traballo ás autoridades sanitarias para realizar o estudo de contactos e a valoración da suspensión parcial ou total da actividade.

 

  1. Reincorporación á actividade:

Tanto unha persoa participante como un traballador ou traballadora poderán reingresar na actividade cando teñan a alta do seu médico de atención primaria ou da CCAA.

 

Condicións de participación, declaración responsable, obriga de información e consentimento informado

As persoas participantes nas actividades do Centro Don Bosco deberán mostrar a súa aceptación, por escrito e de forma previa, dos seguintes requisitos de participación (documento de aceptación das condicións de participación):

  1. Declaración responsable de non formar parte de grupos de risco nin convivir con grupo de risco. O/a participante constitúe grupos de risco nos seguintes casos:
    1. Persoa vulnerable: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40.
    2. Convive cunha persoa que sexa vulnerable: os mesmos casos que no punto anterior máis persoas maiores de 60 anos ou mulleres embarazadas.
    3. O/a participante non pode tomar parte na actividade se presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) que puidera estar asociada coa Covid-19.
    4. O/a participante non pode tomar parte na actividade se estivo en contacto estreito (convivintes, familiares e persoas que teñan estado no mesmo lugar que un caso positivo mentres o caso presentaba síntomas a unha distancia menor de 2 metros durante un tempo de polo menos 15 minutos) ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada por Covid-19, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días. Durante ese período debe realizar un seguimento por se aparecen signos da enfermidade.
    5. O/a participante que presente condicións de saúde que os fagan máis vulnerables ante a Covid-19 de poderán tomar parte na actividade baixo a súa responsabilidade se a súa situación clínica así o permite. No documento de consentemento informado se deberá deixar constancia expresa desta circunstancia.
  2. Compromiso de notificación diaria do estado de saúde e de causa de ausencia.  
    1. Os/as pais/nais/titores legais dos participantes deberán notificar as causas de ausencia a unha actividade chamando ao Centro Don Bosco ao 981582243 o por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
    2. Se algunha persoa involucrada na actividade presenta sintomatoloxía asociada coa Covid-19 non acudirá e contactará co Centro Don Bosco.
  3. Sinatura do documento de aceptación das condicións de participación, coa aceptación das medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias e consentimento informado.

Este documentoserá de obrigatorio cumprimento no momento de iniciar as actividades. Deberá entregarse antes (vale o mesmo de inicio das actividades) debidamente cuberto e asinado.

 

Actividades formativas e informativas

  • A entidade proporcionará durante o programa información sobre as actividades en caso de que se produzan cambios significativos sobre o desenvolvemento das mesmas, medidas, etc.
  • Ubicará cartelería informativa sobre a hixiene de mans e hixiene respiratoria.
  • Lembrará mediante obradoiros incorporados ás actividades sobre as normas de comportamento para evitar contaxios e desenvolver a actividade con seguridade.
  • A entidade asegurarase de que os membros do grupo de responsables das actividades coñecen as medidas e protocolos.
  • As familias participantes recibirán información das actividades que realizarán os seus fillos e fillas.
  • Ser ofrecerá ás familias información detallada sobre o plan de actuación nas actividades a través da web e do correo electrónico.

 

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider