Proxecto de Cooperación Grupo Scout Angola
Detalles- Detalles
- Publicado o Martes, 27 Marzo 2018 10:54
- Visitas: 468
O Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago de Compostela quere apoiar a iniciativa da Asociación Diocesana de Escultismo (ADE) de Santiago de Compostela, no que van a axudar a crecer a un grupo scout de mozos e mozas de Angola que necesitan material para continuar ca súa acción, polo que se pretende colaborar enviando a Angola un cargamento con equipamento de acampada.
Como podo axudar?
Se tes algunha de estas cousas e xa non as necesitas podes deixalas no Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago ou no Centro Scout Abeiro para que teñan unha segunda vida útil.
- Uniforme Scout: pantalóns, camisas, pasadores, medias e pompóns.
- Equipamento: tendas de campaña, mochilas, sacos de durmir, esterillas, botas (en bo estado) cantimploras, linternas e compás.
A data Límite: o martes 10 de abril de 2018.
Lugar e horarios: Centro Don Bosco, Rúa Belvís 2, 15703, Santiago de Compostela de luns a venres 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e sábados de 12:00 a 14:00