Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Espazo Lúdico Papaventos

O espazo lúdico Papaventos é un proxecto que nace dende a premisa da educación non formal apoiándose nos principios da filosofía salesiana. É un recurso para a xente do barrio sin pecharse ao resto da cidade e que fai una oferta diaria para rapazas e rapaces que precisen una proposta extraescolar educativa e que tamén sirva para a conciliación da vida laboral e familiar.


As actividades máis destacadas son a educación en valores, o xogo dirixido, os tempos para xogo libre e o apoio escolar.


O equipo técnico que forma o proxecto Papaventos é persoal cualificado en diferentes ámbitos, dende Diplomados en Maxisterio, Educación social, etc ata voluntarios procedentes de outros países europeos, gracias aos que se desenvolven programas de interculturalidade.


Divididos en diferentes grupos, os participantes a partir  dende os 4 aos 17 anos teñen o seu espazo en Papaventos dentro do horario de 17.00 a 20.00h de Luns  a Venres.