Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Centro Xuvenil

O Centro Xuvenil Don Bosco nace no ano 1985 e dende entón non parou de buscar novas alternativas que ofertar á mocidade, aos rapaces e rapazas de Compostela. En todo este tempo fixéronse moitas cousas que converten o Bosco nun centro de referencia para moitas asociacións e persoas, voluntarias/os e profesionais do tempo libre.
É unha iniciativa que favorece distintas ofertas educativas para o tempo de lecer dos rapaces, rapazas, mozos e mozas do barrio e da cidade de Compostela.
Fisicamente o Centro Xuvenil Don Bosco está na rúa Belvís, número 2 de Santiago de Compostela, no barrio de San Pedro.
Polas súas diferentes ofertas está vinculado a outras entidades de carácter local autonómico e estatal: Coordinadora do Barrio de San Pedro, Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, Federación Gallega de Fútbol, Federación Gallega de Baloncesto e Scouts de Galicia.
O centro ofrece entre outros servizos:
•    Un espazo de xogo.
•    Canchas de deporte e xardíns.
•    Locais diferenciados para actividades: teatro, espazo lúdico, biblioteca,...
•    Bar alternativo sen alcohol para mozas e mozos.
•    Un centro de recursos de todo tipo e apoio para o asociacionismo, fundamentalmente o xuvenil.

A Brúxula Literaria - Obradoiro de Escritura Creativa

Na BRÚXULA LITERARIA desenvolveremos as capacidades de expresión oral e escrita de mozos e adultos a partir de 14 anos. Trataremos de mellorar a expresión oral e escrita do alumnado, fomentaremos a creación de textos literarios orixinais, coa posibilidade de participar en recitais públicos e concursos literarios.

Ler máis...

Aparafusa e Maxina

Presentamos a actividade aparafusa e maxina, onde a ciencia e a tecnoloxía camiñan parellas de maneira divertida e accesible para todos.

Ler máis...

Integramos a través do deporte - É Sport Ti

É Sport Ti é unha actividade de iniciación polideportiva para nenos/as de Infantil e Primaria a traballar nun ano e baseándose no nivel de desenvolvemento motor de cada participante.

Ler máis...

Obradoiro Freestyle Rap

O Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago de Compostela quere acercar o freestyle rap a toda a mocidade que queira aprender un pouco desta disciplina. Dunha forma amena, lúdica e educativa, o obradoiro terá catro horas de formación e dúas horas de pequena convivencia durante o xantar. Ademais, a inscrición ao obradoiro inclúe unha entrada para a Final Rexional Gold Battle que se celebrará en Santiago ese mismo día a partir das 18:00 nada sala Malatesta. Se queres formarte no freestyle non perdas esta oportunidade!



Ler máis...